|
Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio; tendo grande repercusión sobre os concellos limítrofes: Moaña e Bueu, o que supón unha Área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.
O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galiza.
Localización
Sala - teatro
O auditorio dispón dunha gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. Ten 402 butacas en platea distribuídas en 13 de 32 butacas cada unha, o que tradúcese nunha proximidade idónea entre público e escena. O anfiteatro e os palcos teñen un total de 288 butacas. O escenario de 17 x 17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura coa súa tremoia correspondente consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.
Plano de distribución de Butacas: Plano (96 KB)
A capacidade da sala unido, as dimensións do escenario e a excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para deleitarse do teatro a música e a danza.
EQUIPAMENTO TÉCNICO
Plano do auditorio (130 KB)
Dotación escénica do auditorio municipal de Cangas
Cámara negra.
Telón negro de fondo de 7 x 14 metros con abertura en medio
5 Pares de patas laterais de 7 X 2,5 metros cada unha
4 Bambolinas de 3 X 10 metros
Telón de boca
Estrutura.
Estrutura escénica soportada por 4 motores de 500 Kg cada un (marca Hitachi) formada por un rectángulo trust cuadrangular Prolyte x30v de 6 X 10 metros con duas varas mobiles de trust triangular Prolyte x30d de 10 metros cada unha. Asi mesmo dispon dunha vara colocada nunha troneira sobre o patio de butacas para a luz frontal.
Equipo de iluminacion.
20 Proxectores PC ldr-aria 1000 w., con palas.
6 Proxectores PC Aria 2000w., con palas.
5 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 14º-35º.
4 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 25º-50º. 2 Recortes ETC 750w. 25º-50º.
12 Proxectores tipo par-64. Lente nº5.
12 Proxectores asimetricos 1000w.
48 Canais de Dimmer. Strong. 3000 w por canal con splitter.
Mesa de control de iluminacion LT HYDRA Scan Standard, con 250 canles.
12 Mangueiras multiconectoras movibles repartidas pola estrutura, de 7 canles cada unha cun total de 84 circuitos dispoñibles.
Equipo de son.
Mesa de son: SOUNDTRACS TOPAZ 14-4, con 10 canles mono e 2 canles estereo.
2 Caixas de son ESCENIC de 350w (RMS).
2 Monitores de son ESCENIC de 100w (RMS).
3 Microfonos con soporte.
1 Reprodutor de CD. |