Inicio
 
 

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO CLOWN.pdf Descargar pdf
Inclúe folla de inscripción

Impartido por MARIÁN BAÑOBRE actriz e pedagoga teatral.

Do 6 ao 10 de xullo, de 18h-22h no Auditorio.

O traballo do clonw supón a apertura a un novo mundo interior. Implica a apertura das barreiras que usamos no día a día para cumprir cos requisitos básicos da vida cotiá. É unha aventura que nos leva a sacar a parte máis inocente e infantil que levamos dentro para provocar a emoción dos espectadores, para buscar a tenrura como sentimento básico cara aos demais. E é tamén un xogo divertido no que ninguén gaña, porque o obxectivo último é a risa:rir cos demais e rir de nós mesmos. Facer clonw ha converterse nunha festa dos fracasos.

 

Taller sobre coeducación emocional, afectiva e social a través da expresión dramática(PDF)Descargar pdf
Inclúe folla de inscripción

Imparte AMPARO IBARRA actriz- titiriteira e pedagoga teatral.

Do 6 ao 10 de xullo de 11h-14h no Auditorio.

A falta de educación emocional está na base dos conflictos, as agresións, o concepto de posesión e dominio, a violencia de xénero e a escolar tanto nos nenos como nas nenas; é o que lles impide recoñecer as emocións , os sentimentos, controlalos e utilizalos para o seu enriquecemento persoal e colectivo e non para ser dominados e dominadas por eles.

“O que non se experimenta non se aprende”. É por iso que penso que a expresión dramática é a ferramenta ideal para este traballo, temos que emocionarnos para aprender sobre emocións.

 

OBRADOIRO “SER HOME POR UN DÍA”
Impartido polas actrices Patricia de Lorenzo, Natalia Outeiro e Fani Bel

Inscripcións no teléfono: 986392266, ou s.sociales@cangas.org

Dia mercores 8 (16,00h. a 21,00h.) No salason
Grupo máximo
15 mulleres (non importa a idade)

Un obradoiro para-teatral dirixido a mulleres de calquera idade. Durante este obradoiro dúas actrices (Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro) e unha maquilladora (Estefanía Bello) traballan con cada unha das participantes para crear unha nova identidade masculina e para acadar unha experiencia colectiva de emancipación de xénero.

O que se quere propoñer é un cambio de papeis. Por un día, polo menos, asumir o personaxe do outro, e concienciarse de que o xénero é algo construído e, polo tanto, modificable. Se os homes ocupan a posición do dominio non é porque o mande a natureza, e aprender a actuar como un home, aprender a ser o dominante, é algo ao alcance de calquera muller.

Apréndese a ocupar o espazo, camiñar, comer, beber, coller obxectos, sorrír, falar, etc., como homes. As participantes relacionaranse entre si como as súas personaxes e investigarán novos comportamentos.

Remátase cunha visita a un lugar público como un bar, onde se poñen a proba as novas identidades. Cada participante ten que traer a roupa de home que necesite para crear a súa identidade masculina (tamén gorras, calzado, gafas, garabatas, etc.).

Debe traer tamén
gomina para o pelo, unha venda elástica (mínimo de 10 cm. de ancho e 10 m. de longo) para disimular o peito e unhas tesouras pequenas.

ACTIVIDADES PARALELAS

8 de XULLO

10:00 "A dirección de escena como profesión". Ponencias de traballo
"A profesión e profesionalización": Manuel F. Vieites e Ana Vallés
"O oficio do director de escena": Juan Antonio Hormigón
"Dirección de escena,investigación e innovación": Quico Cadaval e Ana Vallés

12:00-14:00: Debate
14:00- 17:00: Comida

17:00- 18:00: "Retos e desafíos en tempos de crise" (Mesa redonda) con
Xulio Lago, Cristina Dominguez, Anxeles Cuña, Eduardo Alonso e Ze Paredes

18:00-20:00: Debate