AS MULLERES ANTE UNHA CRISE QUE NON FABRICARON
Ficha
En tempos de crise, bélica ou económica, as mulleres sempre fomos as primeiras en ser relegadas á retagarda do fogón familiar. Hoxe, en pleno século XXI, diante do obsceno escándalo das finanzas, do asalto á sociedade do benestar e da incompetencia dos gobernos europeos, as Mulleres en Acción que organizamos estas xornadas, dámoslle a palabra a aquelas expertas que, co seu pensamento científico, feminista e anovador, poden aportar luz sobre a repercusión económica, social e profesional que este golpe de estado ideolóxico está a ter sobre o conxunto da poboación.
16.30 h. CIMA, Asociación de Mulleres cineastas e do Audiovisual.
Presentación de CIMA e informe da situación das mulleres na cinematografía e o audiovisual estatal.
SONIA MÉNDEZ: Actriz, Docente e Realizadora Audiovisual. Membra de CIMA.
17.15 h. PLATAFORMA “NOSOTRAS DECIDIMOS”.
Desmantelamento das Políticas De Xénero.
ÁNGELES ÁLVAREZ: Membra fundadora e portavoz da Rede Estatal contra a Violencia de Xénero. Membro do Comité da Rede de Mulleres Españolas e Africanas por un mundo mellor. Elabora proxectos pedagóxicos e de intervención.
PAUSA E CAFÉ DE 15 MINUTOS.
18.45 h. A ECONOMÍA DA IGUALDADE.
CARMEN CASTRO: Economista e investigadora. Experta en Políticas de Xénero e Master Mainstreaming. Crea a primeira bitácora feminista con perspectiva de xénero:www.SinGENEROdeDUDAS.com e LoPERSONALesPOLITICO.
19.00 h. DEBATE E CLAUSURA.


Comentarios (0)