ELLAS BAILAN SOLAS
Sinopse
Dúas anxelicais velliñas, a bordo das súas cadeiras de rodas automáticas percorren atónitas as rúas, andan como perdidas mais en realidade fuxiron da residencia onde vivían. Os celadores andan á súa procura pero elas xa tomaron unha decisión, acabouse iso de ser un traste relegado a un curruncho, aínda lles quedan promesas e soños por cumprir e tamén ver o mar. De aparencia fráxil, aló onde chegan enlean todo, queren ser autónomas mais non poden evitar ser dependentes, precisan do público, necesitan axuda e sobre todo compaña cómplice para o seu baile de despedida. Ellas bailan solas fainos rir e, ademais, pola temática que aborda tamén nos convida á reflexión.


Comentarios (0)