ESTADO CRÍTICO. QUE SABEMOS DO CARIÑO

CÉSAR CAMBEIRO “MONTEGO” (Galicia)

Domingo, 01 Xullo 2012 00:30
SALASÓN

Ficha

Actor: César Cambeiro “Montego”

Sinopse

Que é unha crítica? Un medo … Unha ilusión …Unha maldade …Un favor …Un tropezón …? En todo caso as críticas vannos conformando persoal e profesionalmente. As críticas inflúen poderosamente en nós … nós … Noos! E que pinta o cariño en todo isto? O cariño inflúe poderosamente na crítica. Pero coidado!!! O cariño é un produto perecedeiro, quere dicir que pode podrecer, como os tomates, e incluso caducar, coma os iogures, e necesita coidados … Partindo destas premisas confórmase un discurso profundamente humorístico, relaxante e distendido onde se lles dá un repaso ás distintas clases de críticas que van influíndo en nós ao longo da nosa vida persoal e profesional. E, por suposto, utilizando vivencias e sentimentos nos que todos os que se senten persoas, animais ou plantas, incluso algunha pedra, como non, se vexan reflectid@s.

Comentarios (0)

Deixa un comentario

Estás comentando como convidado. Identificación opcional.

Cancelar Subindo o comentario.

Adquire as túas localidades

Cartel

A Mostra en facebook

Cartel