PERTO DE TI
Sábado, 07 Xullo 2012 00:30
A ACADEMIA
Sinopse
PERTO DE TI é quizais onde está o porvir da maxia, pois reúne as características máis adecuadas para crear unha atmosfera máxica e facer sentir a emoción do MISTERIO. A intimidade, a proximidade e o control absoluto dos espectadores son as súas características máis acusadas. PERTO DE TI: Maxia de cerca do mago Teto. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que toman vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha soa mirada, son algunhas das cousas que poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.


Comentarios (0)